A LusocomAnuáriosCongressosAssociações


Associações


ASGIC
Asociación Galega de Investigadores en Comunicación


Obxectivos
Promover e dinamizar a investigación en comunicación e en información; animar os intercambeos entre persoas e grupos de estudosos de cuestións actuais de comunicación, tanto por especialidade como por países e áreas lingüísticas e xeo-políticas; contribuír para a aplicación da pesquisa no eido académico, profesional e mais institucional; potenciar as relacións da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC con parceiros de Europa e do mundo así como interesar aos organismos de Goberno nos programas de investigación en comunicación e na configuración de políticas públicas para a sociedade do coñecemento.

Breve histórico
A Asociación Galega de Investigadores en Comunicación (ASGIC) é consecuencia, por unha banda, da creación en 1991 dos estudos regrados de Xornalismo e Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela que levou a desenvolver diferentes liñas de pesquisa alén da organización de encontros científicos dos que o primeiro foi o Congreso internacional “A Comunicación na Periferia Atlántica”, 1995, e pola outra, do desexo de recuperar para o coñecemento e o pensamento crítico un espacio de intervención nos escenarios máis representativos da comunicación no mundo contemporáneo.

En novembro de 1998 o “II Coloquio Brasil-Estado Español de Ciencias da Comunicación”, celebrado en Santiago de Compostela, debatíu o tema “Investigación e Formación” e levantou o interés en artellarmos unha asociación de pesquisadores homóloga ás de outras Universidades da área lusófona, para facilitar o fluxo de ideas e proxectos amais do establecemento de prácticas interculturais naquelo que poida vir a ser un novo ameto de relación e de intercambio, con base na diversidade da lusofonía.

Diretoria
Presidenta: Dra. Margarita Ledo Andión
Secretario: Dr. Xosé R. Pousa Estevez
Tesoureira: Dra. M. Antonia Pérez
Vocais: Dr. Xosé López García
Dr. Xosé Soengas Pérez
Dra. Antía López Gómez

ASGIC
Asociación Galega de Investigadores en Comunicación
Facultade de Ciencias da Comunicación
Avda. Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela - Galiza (Espanha)
E-mail: observa@usc.es
Fax: +34981547086