Portcom

JORNAL INTERCOM
Jornal semanal da Sociedade Brasileira de Estudos Interdisciplinares da Comunicação

Ano 4, nº 84, São Paulo – SP – Brasil 15 de fevereiro de 2008
ISSN 1982-372X

Sumário desta edição
Outras edições

 

Acontece

Intercom participa de congresso fundacional na Espanha

O Presidente da Intercom, José Marques de Melo, representou a comunidade acadêmica brasileira no congresso fundacional da Associação Espanhola de Pesquisa em Comunicação, realizado em Santiago de Compostela, Galícia, no período de 31 de janeiro a 2 de fevereiro de 2008.

Reproduzimos a seguir notícias sobre a abertura e o encerramento do congresso, publicadas pelo jornal digital “Sociedade da Informació”, mantido pelo Governo da Galícia.


31/01/2008

O profesor emérito da Universidade de México D.F., Nestor García Canclini, inaugurou o congreso "I+C Investigar la comunicación", que se celebra do 30 de xaneiro ó 1 de febreiro na facultade de Ciencias da Comunicación. Este evento actúa tamén como acto fundacional da AE-IC, Asociación Española de Investigadores da Comunicación, presidida polo catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona Miquel de Moragas.


Canclini, especialista na comunicación iberoamericana, explicou que "a revolución dixital que estamos vivindo crea beneficios como o acceso directo e simultáneo á información vai democratizar a educación e mellorar o benestar da maioría. Por outra banda, a nivel político medran as oportunidades de participación provocando a descentralización na toma de decisións". Canclini, recoñece que cada sociedade e cada nación ten dereito ao seu propio modo de vida e se pensamos na información e no coñecemento como parte das relacións entre culturas pasamos a concibir de xeito diferente as relacións entre oriente e occidente ou diferenzas xeracionais.


Outro dos temas dos que tratou na conferencia inaugural é o efecto globalizador das novas tecnoloxías e a repercusión que este ten na sociedade. Neste senso, destaca que "os mozos toman conciencia de que pertencen a unha rexión máis ampla que a do seu propio país, sen perder o seu sentimento de pertenza étnica". Sen embargo, subliña que un dos obstáculos deste fenómeno é a desigual participación das diferentes culturas dependendo do nivel económico de cada país.

04/02/2008

O congreso fundacional da Asociación de Investigación en Comunicación, que se desenvolveu na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, concluíu cunha conferencia do publicista Miguel Conde, que salientou a importancia de se comunicar ben conectando cos públicos obxectivos e chegando a novos territorios emocionais.

"Consume cocos galegos" foi o título da conferencia do creativo e, precisamente, este era o slogan que a axencia de publicidade de Miguel Conde adoptou cando se instalou en Madrid e onde ten contactado e levado a cabo un gran número de campañas publicitarias. Unha das últimas e máis sonadas foi a de "Vivamos como galegos" que conta co aplauso popular dentro de Internet en páxinas como YouTube, onde o anuncio ten sido reproducido xa algo máis de 300.000 veces. Tratábase dunha campaña na que se repasaban en clave de humor as distintas costumes e imaxes galegas.

Durante a súa intervención Conde, respondeu a pregunta de se é importante comunicar en galego. Deste xeito, o publicista destacou que o relevante é saber transmitir o que se busca e se é necesario saber usar a linguaxe que utiliza o noso público obxectivo. Tamén aludiu, a través dunha exposición apoiada en imaxes, a busca de novos territorios emocionais e o feito de que "o galego" ten que estar máis vencellado á autoestima.


Pechouse así o primeiro congreso da Asociación de Investigación na Comunicación (AE-IC) que na súa derradeira xornada, o venres, tivo como tema principal a investigación da comunicación nas facultades españolas e repasou as políticas de investigación e de comunicación. Tamén estivo presente a directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel.

Pese a teren rematado as conferencias, o sábado tamén houbo actividades. Os relatores e o comité organizador desprazáronse a Lugo, cidade declarada Patrimonio da Humanidade, onde foron recibidos polo presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro. Alí realizaron unha visita á Muralla Romana.

"